sophie cavez & baltazar montanaro

Sophie Cavez (acordeón diatónico) e Baltazar Montanaro (violín) son músicos novos  de talento indiscuble e amplo recoñecemento na escena belga e francesa. A unión dos seus instrumentos enlaza sons do Norte con melodías do Leste de Europa, creando atmósferas tanto vivas como melacólicas, pasando por ritmos bailables e pinceladas de jazz.

Aínda amosando grande sofisticación técnica, prefiren non abusar dos recursos en favor da emoción, conseguindo encher o auditorio dunha enerxía especial e derrochar simpatía cara o público. Unha música tecida ao detalle, con tranquilidade e delicadeza. Dous músicos complices que entenden a música como unha fonte de sensacións e divertimento sen límite, e que deixan patente unha complicidade e madurez que semella ser un só instrumento.

Dúo Cavez-Montanaro

Este será o próximo concerto do proxecto ‘casas de música que terá lugar o día 15 de abril de 2013 as 21.00h, en Casablanca n. 13, Arneiro, Lugo (aquí).

As prazas son limitadas, polo que terás que inscribirte neste formulario, dende o que che confirmaremos por correo-e a túa asistencia e as normas dos concertos.

Máis información casasdemusica@gmail.com