fotos del concierto en Arneiro: Sophie Cavez e Baltazar Montanaro

Imágenes del concierto

casas1

 

casasdemusicacavezmont1

 

Anuncios

Dúo Cavez-Montanaro | novo concerto

sophie cavez & baltazar montanaro

Sophie Cavez (acordeón diatónico) e Baltazar Montanaro (violín) son músicos novos  de talento indiscuble e amplo recoñecemento na escena belga e francesa. A unión dos seus instrumentos enlaza sons do Norte con melodías do Leste de Europa, creando atmósferas tanto vivas como melacólicas, pasando por ritmos bailables e pinceladas de jazz.

Aínda amosando grande sofisticación técnica, prefiren non abusar dos recursos en favor da emoción, conseguindo encher o auditorio dunha enerxía especial e derrochar simpatía cara o público. Unha música tecida ao detalle, con tranquilidade e delicadeza. Dous músicos complices que entenden a música como unha fonte de sensacións e divertimento sen límite, e que deixan patente unha complicidade e madurez que semella ser un só instrumento.

Dúo Cavez-Montanaro

Este será o próximo concerto do proxecto ‘casas de música que terá lugar o día 15 de abril de 2013 as 21.00h, en Casablanca n. 13, Arneiro, Lugo (aquí).

As prazas son limitadas, polo que terás que inscribirte neste formulario, dende o que che confirmaremos por correo-e a túa asistencia e as normas dos concertos.

Máis información casasdemusica@gmail.com

Estrenamos cun dúo moi especial

Música para sorrir, para bailar ou para emocionarse da man destes dous novos compositores.

Fetén Fetén” é o novo proxecto musical de Jorge Arribas e Diego Galaz, compañeiros en La Musgaña e membros doutras formacións como Celtas Curtos, Zoobazar, Taper Duel, Mastretta, etc. As melodías que nos propoñen son, case na súa totalidade composicións orixinais de ambos os dous músicos, e suxírennos unha viaxe a través da música popular, tradicional ou mesmo de cabaré, e outros diversos estilos que influenciaron a este sorprendente dúo.

Valses, fandangos, boleros, tarantelas, sons mediterráneos, ritmos do Leste de Europa e influencias da música do centro de España, sobre todo castelá, son algúns dos ingredientes fundamentais de Fetén Fetén. A parte do violín e do acordeón, instrumentos que identifican ambos os dous músicos, podemos escoitar o suave e evocador son do serrón a maxia nas melodías dos violíns trompeta, o doce timbre do vibrandoneón, metalófono, mandolina… etc.

en facebook

en myspace

 

casas de música || decembro 2011

Casas de Música || unha iniciativa cidadan pola música

É curioso que, en tempos de guerra, a música sexa unha das pouquísimas cousas que parecen indestructibles. -John Berger-
 onde?

Salóns de casas particulares abertos a músicos especiais que queren compartir connosco a sú música e gozar dun momento único e irrepetible. Par inaugurar este circuíto contamos con tres lugares:

Lugo cidade, Vernes 9 ás 20:30h.
Santiago de Compostela, Domingo 11 ás 12:15h.
Outeiro de Rei-Lugo-, Domingo 11 ás 18:00h.
canto?

Este concerto facémolo entre todos: os donos das casas que ceden o seu espazo, os músicos que achegan a súa arte, e o público, que achega escoita sosegada e unha contribución de 15 € para pagar o traballo dos músicos.

por que?

Posiblemente nunca terías pensado poder vivir a música que escoitas nun teatro, no salón da túa casa. Con esta iniciativa, pretendemos abrir un espazo á creación, e poder establecer un circuíto moi singular, para gozar -a poucos centímetros- de proxectos acústicos de músicos de primeiro nivel internacional.

Moitas veces lamentámonos pola pouca sensibilidade que mostran as institucións pola cultura, pero a cultura é responsabilidade de todos; é hora de actuar.

Actúa.
Colabora.
Difunde.
Goza.
 
Estreamos cun dúo moi especial:

Fetén Fetén” é o novo proxecto musical de Jorge Arribas e Diego Galaz, compañeiros en La Musgaña e membros doutras formacións como Celtas Curtos, Zoobazar, Taper Duel, Mastretta, etc. As melodías que nos propoñen son, case na súa totalidade composicións orixinais de ambos os dous músicos, e suxírennos unha viaxe a través da música popular, tradicional ou mesmo de cabaré, e outros diversos estilos que influenciaron a este sorprendente dúo.

Valses, fandangos, boleros, tarantelas, sons mediterráneos, ritmos do Leste de Europa e influencias da música do centro de España, sobre todo castelá, son algúns dos ingredientes fundamentais de Fetén Fetén. A parte do violín e do acordeón, instrumentos que identifican ambos os dous músicos, podemos escoitar o suave e evocador son do serrón a maxia nas melodías dos violíns trompeta, o doce timbre do vibrandoneón, metalófono, mandolina… etc.

Música para sorrir, para bailar ou para emocionarse da man destes dous novos compositores.

http://www.myspace.com/fetenfeten

http://es-es.facebook.com/pages/Fetén-Fetén/196067917090913